O MECO manda
Atentos tivemos que estar
para ó Meco poder agradar,
cada día da semana
unha orde manda.
E agora ímosllas lembrar:
O LUNS…
Todos e todas na nosa cabeza, un gorro de pintor levar.
O MARTES…
Foi o día do noso pescozo, cun gran lazo tivemos que adornar.
O MÉRCORES…
Collemos unha camisa ou camiseta branca,
manchámola con pintura e… a clase con ela marchar.
O XOVES…
Poñemos todo o dos días anteriores, e fomos grandes pintoras e pintores!
PURI GONZÁLEZ
Mestra de Educación Infantil