Back

360 encontros

O mércores 02/02/2022 26 exalumnos puxeron a disposición do seu antiguo colexio a súa experiencia, as súas vivencias, o que aprenderon nos seus primeiros anos na universidade. Os 120 estudantes de 4.º ESO tiveron a oportunidade de atoparse con tres exposicións cada un. Un torrente de dúbidas despexadas, de prexuizos borrados, de ganas de saber máis. Tamén puidemos contar con Alba Rodríguez, recén graduada de Hostelería, que sen ter sido alumna do colexio, é irmá dunha profesora, tamén ofreceu a súa dispoñibilidade.

Do mesmo modo, achegáronse dous inspectores da Policía Nacional. Foi un pracer poder contar con tanta xente que se aleda de voltar ao centro, quedar a tomar un café cos seus vellos profesores e botar unha man aos dubitativos alumnos e alumnas que afrontan a tesitura de ter que comezar a discernir o seu futuro inmediato.

Grazas a todos e… ánimo pois!

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.