Crecendo en interioridade
MANDALA; conxunto de figuras e formas xeométricas concéntricas que representa as características máis importantes do universo e dos seus contidos. Por que utilizalas cos nosos pequenos e pequenas?
O Novo Contexto de Aprendizaxe invítanos a desenvolver a interioridade a través do coloreado de mandalas, os cales, ademais de fomentar a atención e a concentración, tamén…
- … favorecen o desenvolvemento da psicomotricidade fina de mans e dedos; proceso importante para a iniciación na escritura.
- … promoven o benestar interior do neno, ao centrarse nunha actividade pracenteira como é o feito de simplemente pintar.
- … favorecen a súa creatividade e imaxinación, ao ser libres de elixir a gama de cores que queren reflectir.
- … axudan a desenvolver a paciencia, a perseveranza e a constancia, ao tratar de completar cada un dos pequenos recunchos das figuras.
- … permiten que traballemos conceptos xeométricos: círculos, triángulos, cadrados, estrelas…
- … posibilitan a introdución de novo vocabulario, de cores, formas, tamaños ou emocións.
- … aumentan a autoestima, ao permitir que o neno cre algo propio e único.
- … estimulan o sentido do estético.
Pintar mandalas supón enormes beneficios aos nosos pequenos e pequenas, sendo un excelente exercicio de estimulación cognitiva que nos enfoca cara á individualidade e interioridade persoal.
SONIA FRANCO
Mestra de Educación Infantil