Back

Xa chega o Nadal á nosa escola!

Se, en xeral, por algo se caracterizan as nenas e os nenos é por vivir tódolos momentos e situacións con moita ilusión. Mais, cando se trata do Nadal, esta multiplícase!

No colexio La Salle levamos unhas semanas preparándonos para recibir o Nadal. Tanto o alumnado coma o profesorado aproveitamos e, a través de distintos talleres e proxectos, estamos a traballar diferentes aspectos desta fermosa época. Ademais, non puidemos conter máis as ganas de decorar tanto as nosas aulas como os longos corredores.

Luces, carteis, árbores de Nadal, renos, os Reis Magos, grilandas…

Que todo sexa por continuar a nosa aprendizaxe nun ambiente cálido e de Nadal, celebrando todos xuntos o afortunados que somos de pertencer a esta gran familia!

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.