Os nosos primeiros pasos coa escritura.
No noso INTERNIVEL de Escritura Creativa, realizamos actividades novidosas que achegan os nosos pequenos e pequenas, dun modo lúdico, a unha necesidade real de expresión oral e posteriormente escrita.
Durante as primeiras sesións poñeremos especial atención no desenvolvemento da motricidade fina; actividades centradas en movementos precisos, coordinados e controlados das mans e dos dedos. O obxectivo de ditas tarefas será a realización dun xesto voluntario que guíe e mellore a coordinación óculo-manual, un elemento máis do proceso psicomotor lecto-escritor.
A estas actividades básicas, iránselle sumando outras relacionadas coa produción de historias, cómics, noticias, etc. Un compendio de novas producións froito das necesidades expresiva e comunicativas que os nosos nenos e nenas nos manifestan.
Non hai nada como o cotián, para aprender, e se é cos amigos… moitísimo mellor!