Arranca a AIMEL 2020 que pon sobre a mesa a renovación da educación para construír o mundo que desexamos
Este 10 de novembro arrincaba, baixo o lema “Identidade, vitalidade, transformación. Xuntos facémolo posible”, a III Asemblea Internacional da Misión Educativa Lasaliana (AIMEL), unha cita indispensable que chega con atraso pola pandemia. A benvida corría a cargo do Irmán Superior Xeneral, Robert Schieler.
A AIMEL 2020 é o foro no que se darán os primeiros pasos para poñer as bases da reflexión que durante os próximos meses se fará. A ela acudiron máis de 100 delegados e delegadas de todas partes do mundo en representación de preto de 3.500 Irmáns, máis de 100.000 educadores de máis de 1.000 escolas, en 79 países, ás que asisten máis de 1.000.000 de alumnos.
O obxectivo é, desde o compromiso, analizar e reflexionar sobre as diferentes propostas educativas que se poñerán sobre a mesa e que presentan as distintas rexións e distritos. Nelas, a tecnoloxía preséntase como a gran aliada.
As propostas que saian adiante tras estes meses de traballo propoñeranse no 46 Capítulo Xeral co fin de ser aprobadas No mes de novembro do ano próximo, serán desenvolvidas na Casa Generalicia, en Roma, polos delegados designados para esta AIMEL 2020. Así fortalécese o compromiso asociativo e poderase, sen dúbida, albiscar un futuro cheo de esperanza.
La Salle, como institución, renova os alicerces sobre os que se sostén a súa misión, e anímase a camiñar todos xuntos, para axudar os nenos e a mocidade que máis o necesitan e, desde a unidade e a riqueza da diversidade, construír un mundo mellor.