Back

Fase escolar do modelo de Parlamento Europeo

O pasado xoves 4 de novembro celebrouse no colexio La salle a fase escolar do Modelo de Parlamento Europeo, programa educativo que pretende fomentar a cultura de debate parlamentario entre o estudantado. Participaron cincuenta alumnos de 1º de Bacharelato.

O traballo do día foi intenso e produtivo. Pola mañá repartíronse as distintas comisión co obxectivo de alcanzar diversos consensos a través do diálogo. Estas estiveron presididas por aqueles compañeiros de 2º de Bacharelato que foron seleccionados para a fase autonómica, nacional e internacional na edición anterior deste certame. Os temas foron moi actuais: O desafío dos fluxos migratorios; A xornada laboral de 32 horas semanais: retos e beneficios; A desinformación como ataque á democracia ou A nova Bauhaus Europea e os espazos comúns.

Pola tarde defenderon e debatiron nunha auténtica Asemblea Parlamentaria os acordos aos que chegaron. Finalmente, foron seleccionados para a próxima fase autonómica os seguintes delegados, alumnos de 1º de Bacharelato: Aldara Buch, Pablo Domínguez Calatayud, Candela Bengoa, Raquel Soto, Pedro Vázquez, Blanca Noya, Carlos Arjona e Pedro Rodríguez Tomé.

A nosa en hora boa a todos polo esforzo realizado.

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.