Back

O noso internivel musical

“A música é a arte máis directa, entra polo oído e vai ao corazón”

Magdalena Martínez, flautista española

No Entorno Internivel de Música proponse ese primeiro achegamento á arte e destreza musical do alumnado. Nestas primeiras sesións estamos a traballar moitos aspectos corporais da música: cancións, ritmo, escoitas activas… e mesmo comezamos a expresar a música que escoitamos tanto co corpo como con material plástico.

Durante este curso coñeceremos instrumentos de percusión, farémolos nosos propios instrumentos e achegarémonos de xeito tímido pero firme na expresión musical tanto instrumentalmente como a nivel vocal. Todo isto sen esquecernos da nosa propia tradición cultural, posto que temos unha comunidade que nos ofrece multitude de cantigas e instrumentos de percusión miúda o que nos enriquece culturalmente.

Así imos potenciar un mellor coñecemento das posibilidades do noso corpo, o que posibilitará o incremento da conciencia do esquema corporal. Pero tamén o achegamento á cultura e ao coñecemento da nosa sociedade e das nosas tradicións así como a potenciación das nosa capacidade creativa e de discriminación auditiva.

Sen dúbida, as tardes de música convértense nun momento de aprendizaxe e diversión para os nosos pequenos!

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.