Misión secreta: o rescate da lupa de Aniceto
Tras recibir unha videochamada de Aniceto, o Inspector Secreto que perdeu a súa lupa nun percorrido rutineiro polo barrio, os nenos e nenas de 5 anos saen á rúa para explorar a contorna e prestar a súa axuda, na procura do prezado obxecto.
Percorren rúas principais e visitan lugares “estratéxicos”: a Catedral de Santiago, as dependencias da Policía Nacional, a oficina de Correos, o mercado de Abastos, o CGAC e algún que outro parque onde descansar e merendar.
Unha misión que conclúe cando aparece a ferramenta de Aniceto na mesmísima portería do noso Colexio!
Ao fin de tanto rastrexo, Aniceto quedou satisfeito.
MISIÓN CUMPRIDA, AMIGOS!