Xuntanza de xefes de estudo de educación Primaria
O grupo, formado por 10 Xefes de estudo de Educación primaria procedentes das diferentes obras da zona noroeste, reuníronse o pasado mércores, 20 de outubro, no colexio Nuestra Señora de Lourdes de Valladolid. Dende o noso colexio asistiu Andrea Rodríguez.
Tras a primeira xornada de análise e reflexión dos coordinadores da sección de educación infantil, chegoulle a quenda á etapa de educación primaria. a mesma liña que na sesión anterior, a xornada de reflexión e traballo convocou aos xefes de estudos da zona noroeste coa misión común de compartir os primeiros resultados do despregamento pedagóxico do Novo Contexto de Aprendizaxe.
De novo, baixo a batuta coordinadora de Iñaki Asegurado ( Delegado de Educación) e o I. Francisco Mateo (Director da Rede), a liña de temas tratados xirou arredor da comunicación do proceso de despregamento ás familias, adaptación do equipo docente ao novo estilo de traballo, a revisión de materiais aplicados á atención á diversidade e bilingüismo e, finalmente, á revisión técnica de Sallenet, ChromeBook e Snappet. “É fundamental que todos os centros avancen de maneira coordinadapara que o traballo en rede beneficie á tarefa local”- matizou en varios momentos o I. Francisco Mateo. Desta maneira, “ calquera reto ou dificultade pode ser tratada con maior eficiencia de tempo e recursos” – concluíu Iñaki Asegurado.
O Novo Contexto de Aprendizaxe (NCA) é un marco pedagóxico e pastoral, con identidade propia, que presenta unha proposta organizativa, metodolóxica e de avaliación clara, que outorga sentido pleno á educación da persoa tratando de modo integral a súa dimensión emocional, cognitiva, corporal, social ou espiritual, no transcorrer das sucesivas etapas do seu desenvolvemento. O alumno convértese en protagonista da súa propia aprendizaxe.