En marcha outra edición de INNOVA I+D+I
Os alumnos de 4.º ESO do Colexio La Salle de Santiago participan, un ano máis, no programa Iberdrola INNOVA I+D+i, organizado pola Fundación San Patricio e a empresa Iberdrola, coa colaboración do CSIC.
Este será o seu primeiro achegamento ao mundo investigador, afondando en temas científico-técnicos da actualidade dunha forma amena, usando técnicas de “peer learning” e traballo en equipo asesorados por científicos expertos de cada área. Así mesmo, permite colaborar en importantes centros de investigación nacionais e coñecer empresas innovadoras e con laboratorios de investigación de referencia internacional.
O programa fomenta nos estudantes o interese pola investigación, a innovación, a ciencia e a tecnoloxía, como forma de aumentar a motivación cara os seus estudios futuros. Así coma dotalos dun maior número de ferramentas, que lles axuden a toma de decisións, en canto as opcións de bacharelato e da posterior carreira universitaria, que desexan elixir.