Back

Semana Proyde

Entre o 15 e o 18 de marzo celebramos no colexio a Semana de PROYDE.

Nesta xeira centrámonos na Educación como ferramenta para construír un futuro equitativo e coas mesmas oportunidades para todas as persoas.

Para que chegase ben nidia a mensaxe, preparamos tamén reflexións da mañá e titorías diferenciadas para cada nivel. Agradecémoslle ademais a Arts and crafts todo o traballo feito na decoración dos corredores, a súa mensaxe resalta a importancia da Diversidade.

Como colofón e acto final desta Semana, celebramos o “Día Sen Bocata”, compartindo nesta ocasión unha chocolatina solidaria de Comercio Xusto e unha peza de froita.

Todos os recursos económicos recadados irán destinados ao proxecto social que acompañamos este curso: Fratelli, no Líbano.

Querémoslles agradecer á ANPA do colexio e á empresa SERESCA a súa colaboración con nós.