O colexio La Salle acada un grande éxito no Parlamento Xove
O colexio la Salle vén de conseguir clasificar aos seus tres equipos para a fase final da competición de debate Parlamento Xove. Nesta competición, que se celebrou os pasados 13 de marzo para bacharelato e o 6 de marzo para a ESO, o alumnado tivo que responder á pregunta: Debería un estado establecer como obrigatoria a vacinación entre a súa poboación? Dependendo do sorteo que se celebra xusto antes de cada debate os equipos teñen que defender a postura a favor ou en contra.
Na categoría da ESO o equipo formado por Lola Abeijón, Lucía Gesto, Andrés Collantes e Carmen López clasificáronse en primeiro lugar para a fase final. Do mesmo xeito o equipo de bacharelato formado por Froila Sarmiento, Alicia Lago, Sahel Carril e Laura Tarrío tamén se clasificaron en primeiro posto na categoría de bacharelato. Tamén foi meritorio a clasificación en quinto posto do equipo formado por Olga Núñez, Ángela Dopazo, Jimena Regueira e Álvaro López.
Para redondear o éxito dous oradores da ESO e unha de bacharelato tiveron o premio a mellor orador/a. Trátase de Lucía Gesto e Andrés Collantes en secundaria e Alicia Lago en bacharelato.
Esta fase clasificatoria celebrouse en liña. A fase final celébrase tradicionalmente no Parlamento de Galicia e se as condicións o permiten este ano tamén se celebrará en dito lugar.