
Visita dos Paxes Reais
- Posted by admin
- Data Decembro 22, 2020
Hoxe, os Paxes Reais, despois de conseguir un pase especial para poder moverse por Galicia, chegaron ao noso colexio para recoller as cartas do noso alumnado de 1.º e 2.º de Ed. Primaria. Os nosos rapaces, contentos e nerviosos, charlaron con eles e lles fixeron entrega dos seus desexos para este nadal tan especial. Grazas señoras Paxes por vir ao colexio, polas piruletas e non se esquezan de visitar todas as casas e de facer felices a todos os nenos do mundo. Feliz nadal!


Tamén che pode interesar
Modelo de Parlamento Europeo do colexio La Salle
Outubro 20, 2026
Claudia debate na cuna da democracia
Outubro 20, 2026
Os planetas baixan a Infantil
Outubro 11, 2026
Esta semana as nosas aulas de Educación Infantil recibiron unha visita moi especial. Un grupo de alumnos e alumnas de 1º da ESO baixou cos seus titores e titoras para contarnos como é o sistema solar. Con monicreques, contos e …
