Ciberseguridade · 6º Primaria
- Categorías Actualidade, Primaria
- Data Xuño 4, 2020
O alumnado de 6.º de primaria asistimos no mes de marzo a unha charla-performance sobre a seguridade na rede. Tivo lugar na sede da Fundación Abanca.
Foi unha charla moi intrutiva, na que nos puidemos poñer na pel de dúas persoas e vivirmos, de xeito case real, os perigos da súa vida cotiá na actividade que desenvolven na rede: redes sociais, correo electrónico, fotos...
Comprendemos a importancia de protexer a nosa información e por tanto a nosa imaxe. Vimos a simulación realizada por un hacker da propia Fundación, xa que estes realizan un traballo fundamental para darlles seguridade a este tipo de entidades.
Puxéronnos a proba introducindo contrasinais en distintas páxinas web para logo descifralas e acceder aos nosos datos persoais. Ademais, fomos conscientes da importancia da nosa imaxe nas redes; con quen debemos compartila, de que xeito e en que sitios web.
A nosa valoración desta actividade foi moi positiva. Cremos que nos aportou moita información sobre como xestionar a nosa identidade na rede, que nos serviu para aprender a protexernos de todo o que non somos conscientes polo risco que implica. Agora xa sabemos como actuar conscientemente na rede e que precaucións temos que tomar cos datos que compartimos!