![](https://web.lasallesantiago.gal/wp-content/uploads/2022/03/Foto-4-4.jpg)
5º de primaria coa “Fashion revolution”!
O alumnado e o profesorado do 5º nivel de primaria atópanse inmersos nun interesante proxecto relacionado coa moda rápida e cuxo obxectivo é atopar opcións viables para reducir o consumismo e axudar a construír un mundo máis sostible.
Un dos obxectivos principais dos proxectos é integrar os contidos aprendidos nos seminarios e aplicalos a contextos e situacións reais para poder darlles un sentido e que se volvan realmente significativos. As nenas e nenos estiveron poñendo en práctica os seus coñecementos matemáticos no mundo da moda. Dedicaron varias sesións a deseñar e facer patróns para confeccionar as súas propias camisetas.
O alumnado demostrou ter moita creatividade tanto para o deseño das súas propias prendas coma para a procura de formas alternativas de adquirir e reutilizar as mesmas. Tamén mostraron unha gran sensibilidade e compromiso co coidado do noso planeta.
Todo o profesorado do colexio síntese moi orgulloso do gran traballo das nenas e nenos de 5º e están seguros de que algún día axudarán a cambiar o mundo!
![](https://web.lasallesantiago.gal/wp-content/uploads/2022/03/Foto-1-5.jpg)
![](https://web.lasallesantiago.gal/wp-content/uploads/2022/03/Foto-2-5.jpg)
![](https://web.lasallesantiago.gal/wp-content/uploads/2022/03/Foto-3-5.jpg)