Back

Vaia clase de artistas!

O alumnado do 2º nivel de primaria gozou traballando a técnica do calco cunha fermosa actividade relacionada coa Idade Media.

As nenas e nenos deste curso atópanse inmersos nun marabilloso proxecto a través do cal están facendo un percorrido artístico traballando e centrándose nas etapas máis salientables da historia. Aproveitaron o taller de expresión artística para saír da aula e, tras buscar e atopar un punto do colexio con moita luz e claridade, realizaron o calco dunha fermosa imaxe.

Tanto o profesorado coma o alumnado atópanse moi motivados participando nesta viaxe artística a través da historia.

Como desfrutan os nenos e nenas saíndo da clase a poñer en práctica os coñecementos adquiridos na aula!

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.