
Xornadas de educación vial!
O alumnado de 4º de primaria comezou a semana vivindo unha gran experiencia!
Volvemos da ponte, e de que mellor forma que facendo unha interesante saída na que aprendemos moitas cousas novas.
As nenas e nenos de 4º comezaron o día cunha interesante formación teórica de seguridade vial impartida na propia aula por un policía. Despois tiveron a gran sorte de poder visitar a comisaría onde lles mostraron as cámaras que hai pola cidade para poder controlar o tráfico. Tamén tiveron a oportunidade de poder ver as distintas dependencias policiais; entrar no calabozo deixounos abraiados! Algúns nenos e nenas incluso tiveron a ocasión de poder axudar á policía a penalizar unha infracción na rúa, aprendendo que as cousas mal feitas teñen unha consecuencia.
Estamos seguras de que o noso alumnado non esquecerá esta experiencia!
Graciñas pola oportunidade e agardamos poder repetir pronto!




