Xogas?
O luns 5 de decembro os alumnos de Economía de primeiro de bacharalato A e C tiveron a oportunidade de coñecer con máis profundidade a teoría de xogos grazas a unha charla dada polo maestro da USC Alejandro Saavedra Nieves do Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización.
Nas clases anteriores estiveron preparando esta conferencia vendo a filme sobre John Nash, Unha mente maravillosa, un dos primeiros matemáticos interesados nesta teoría. A charla foi moi dinámica debido aos exemplos da vida cotiá que podemos atopar e solucionar grazas a esta práctica teórica. Coñecimos o “valor de Shapley” que nos axudou a sacar como conclusión que “non sempre nos sae rentable cooperar ou facer algo en grupo, hai que estudar cada caso”.
Laura Suárez 1.º bacharelato A