Back

Xa chega o entroido ao noso colexio!

O alumnado de primaria leva días preparándose para a chegada do carnaval!

Se algo nos gusta no noso colexio é decorar e ambientar os espazos nas distintas celebracións. Isto crea un ambiente acolledor e fainos vivir máis intensamente cada momento.

Nas clases de Arts&Crafts estamos preparando diferentes modelos de máscaras en cada nivel de primaria. Estas máscaras pertencen a distintos países, culturas e tradicións: peliqueiros, máscaras venecianas, africanas, árabes, aztecas… Os nenos e nenas, unha vez máis, demostraron a súa implicación e creatividade facendo marabillosas obras de arte coas que nunca deixarán de sorprendernos.

As aulas e os corredores están cheos de cor e os rostros das nenas e nenos resplandecen ledicia!

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.