What a wonderful world
Que ben o pasamos as nenas e nenos de primeiro de primaria nas clases de música!
Os máis peques da primaria, estamos descubrindo diferentes estilos musicais. Ocorréusenos que sería unha boa idea unir a música coa pintura, ámbalas dúas, expresións artísticas que moven as nosas emocións.
Sempre andamos a falar de coidar do noso mundo, deste planeta marabilloso do que todos debemos desfrutar, así que foi un bo momento para coñecer a mítica balada de Louis Armstrong, ‘What a wonderful world‘, unha das cancións máis versionadas da historia da música.
Que mellor que recordar o máxico que é o noso mundo, dende os pequenos detalles como o ceo brillante azul, as nubes brancas, as rosas vermellas… ata o feliz encontro entre dous amigos ou un “I love you”.
O noso corredor do colexio luce estes días máis espléndido grazas ao magnífico traballo que fixemos, inspirados pola música.
Animádevos a escoitala!
Profesora Luisa López