
Viva o Entroido!
Durante a semana do Entroido, o noso centro encheuse de cor, alegría e moita creatividade!
Na etapa de infantil, cada día, os nenos e nenas viñeron ao cole cun complemento diferente seguindo as indicacións do Meco, preparándose pouco a pouco para o gran día.
O alumnado de primaria, estivo facendo fermosas máscaras nos talleres de Arts&Crafts, que fixeron que os nosos corredores luciran fermosos.
O xoves foi un día moi especial para todos e todas! As nenas e nenos de infantil completaron o disfrace de pintores, cada un dando renda solta á súa imaxinación. Comezaron o día desfrutando da marabillosa actuación do grupo de familias que viñeron a contar e representar varios contos para o público de infantil, o cal agradeceron moito e desexan volver velos moi pronto. Pola tarde, remataron a xornada cunha gran festa de Entroido, compartindo as aportacións de todas as familias dos nenos e nenas de infantil.
En primaria o xoves tamén foi un día moi especial, xa que tamén tivo lugar a tan esperada festa de Entroido. Pola tarde puidemos desfrutar de moita música e baile, así como de deliciosa comida que as familias dos nenos e nenas aportaron de maneira voluntaria.
Moitas grazas a todos e a todas pola colaboración e por facer destes días, uns días tan especiais!








