Viva a multiculturalidade!
A semana pasada, o alumnado de 3º quedou abraiado coas curiosidades que lles contou Jack, un dos profesores de prácticas que estivo aprendendo e compartindo tempo nas nosas aulas durante os primeiros meses deste curso.
Jack achegounos á súa cultura, falándonos da orixe dos números árabes, da escritura de dereita a esquerda, de como é a grafía árabe, entre outras moitas cousas.
Grazas por compartir con nós tanto coñecemento, abríndonos os ollos á multiculturalidade!