
VISITAMOS “SIMULTÁNEA”
Os cativos e cativas de 5 anos asistiron nestes días á exposición SIMULTÁNEA.
Un proxecto que nace para celebrar o décimo aniversario de Afundación, Obra Social ABANCA. Nesta saída, os nenos e nenas, fixeron unha viaxe polas obras expostas, pertencentes á Colección de Arte da Fundación, vendo a través destas obras as ideas que plasmaron os artistas sobre as cidades.
O proxecto Arquitecturas narradas permitiulles viaxar ás cidades reflexadas polos artistas e crear as súas propias cidades imaxinarias.
EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL



