
Visitamos o laboratorio do colexio!
A semana pasada, as nenas e nenos de 2º de primaria viviron unha marabillosa experiencia no laboratorio do colexio.
Despois de varias semanas nas que o alumnado de 2º estivo traballando nos seminarios de ciencias naturais o corpo humano e os distintos sistemas que o compoñen, chegou a hora de poñer en práctica o aprendido.
O alumnado de 1º de bacharelato, coa axuda do seu profesor, preparou unha serie de experimentos do máis interesantes. Divididos en grupos, e acompañados e guiados polos rapaces e rapazas de bacharelato, os nenos e nenas de 2º foron rotando e experimentando polas distintas mesas. Puideron ver como funcionan os tendóns, os pulmóns, o corazón, o sistema dixestivo, o sangue, o latido do corazón… Toda unha experiencia!
Damos as grazas ao profesor Gustavo e ao alumnado de bacharelato polo esforzo e implicación nesta actividade, as nenas e nenos de 2º non esquecerán todo o vivido.
Repetiremos pronto!






