Visitamos o Concello de Santiago de Compostela
O pasado mércores, o alumnado de primeiro de primaria fixo unha saída cultural do máis especial!
Como parte do último proxecto deste curso escolar, no que están coñecendo e afondando en distintos aspectos relacionados coa súa localidade, foron visitar o concello de Santiago de Compostela.
Estamos moi agradecidas de poder ter visitado o Salón Vermello, o Salón Verde, o Salón de Plenos, as terrazas e os balcóns do edificio como parte dunha interesante visita guiada.
Por último, gustaríanos destacar o fermoso detalle da alcaldesa Goretti Sanmartín Rei de explicarnos o funcionamento do concello a través dunha fermosa historia: Alcaldesa Vermella de El hematocrítico, que estamos seguras de que o alumnado non esquecerá.
Repetiremos seguro!