Viaxe a Cambridge
Uns días antes de comezar as vacacións de Semana Santa, algúns dos nosos alumnos de 1ºESO tiveron a oportunidade de viaxar a Cambridge, para gozar da inmersión na cultura e lingua inglesas.
Unha vez chegados ao Reino Unido, comenzamos pola capital, pasando un día en Londres. Os alumnos puideron ver os famosos London Eye, Torre de Londres ou Palacio de Buckingham, pero tamén decatarse do cosmopolitismo dunha gran cidade.
Xa en Cambridge, as clases intensivas de inglés ocupaban as mañás, e as tardes aproveitábanse para coñecer a cidade: pasear polo emblemático King’s College, facer panting polo río Cam, ou visitar os museos Fitzwilliam, da Computación ou o Arqueolóxico/Antropolóxico.
Todos lembrarán con agarimo esta viaxe e os bos momentos compartidos:os autobuses de dous pisos, as gaminolas vexetarianas picantes, as moquetas por todas partes, os bocatas de patatas fritas, as partidas na bolera, ou o seguir sen ter claro de qué lado viñan os coches….
Sen dúbida, unha experiencia para non esquecer.