
Unha Xornada para Compartir: Éxito dos Xogos do Irmandamento
Con motivo das festas colexiais, celebramos con grande ilusión os Xogos do Irmandamento, unha actividade que se ten convertido nun dos momentos máis esperados do curso. Nesta edición, o entusiasmo e a participación do alumnado foron protagonistas dunha xornada chea de alegría, convivencia e espírito lasaliano.
Esta iniciativa, promovida desde Pastoral Curricular, busca fomentar entre os nosos alumnos e alumnas valores fundamentais como a cooperación, o apoio mutuo e o respecto. Os Xogos do Irmandamento ofrécennos unha marabillosa oportunidade para convivir, compartir e reforzar os lazos que nos unen como comunidade educativa.
Queremos destacar o papel dos alumnos e alumnas maiores, que, con agarimo e responsabilidade, acompañaron aos máis pequenos, axudándoos e animándoos en cada momento e o entusiasmo e ledicia dos máis pequenos. Xestos como estes fan realidade o soño de San Xoán Bautista de La Salle: formar unha gran familia unida polo amor e o servizo aos demais.
Agradecemos profundamente poder celebrar todos xuntos estas festas na honra do noso fundador.
¡VIVA LA SALLE!