
Tercerio posto na IX Olimpíada Filosófica de Galicia
As alumnas Lía Pereira, Paula Cribeiro e María Pacheco, de 1.º de Bacharelato defenderon o seu traballo ante o tribunal, acadando un merecido terceiro premio na clasificación xeral galega da IX Olimpíada Filosófica de Galicia, celebrada o xoves, 7 de abril na Facultade de Filosofía da USC cun video sobre o Transhumanismo, os cambios que sufrirá a nosa especie coa introdución da tecnoloxía. As metas desta tecnoutopía son mellorar as nosas capacidades intelectuais, físicas e mesmo morais, e incluso conseguir a inmortalidade.
Para o Colexio La Salle é unha honra e un orgullo estar representados a tan alto nivel nesta Olimpiada. Noraboa María, Paula e Lía por este éxito, produto do voso esforzo, forza de vontade e traballo. Parabéns!
