Sensibilizando o noso alumnado ante a violencia de xénero
Na etapa de Secundaria realizamos varias actividades de reflexión na SEMANA ESCOLAR CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Este xoves a profesora Teresa fixo unha reflexión por megafonía para toda a etapa na primeira sesión da mañá, tamén compuxo un poema acróstico que está publicado na rede de AULAS GALEGAS.
Nos niveis de terceiro e cuarto colaboramos desde o eido titorial asemade coa campaña do Concello de Santiago. Entregamos ao alumnado a obra Amor amargo, na que Xosé A. Perozo transmite a visión desta realidade desde a perspectiva de diferentes voces narrativas. A obra tamén trae uns apéndices para a reflexión sobre condutas que debemos promover e cales corrixir.