Segunda semana de formación presencial en Griñón para delegados pastorais
A semana do 14 ao 18 de marzo celebrouse en Griñón a segunda formación do encontro Betel, unha proposta dirixida a todos os educadores que asumen a responsabilidade pastoral nos centros de La Salle. Do noso colexio asistiu María Chao.
Nueva semana de formación continua en La Salle. Nesta ocasión, foi a quenda dos novos delegados pastorais dos centros educativos, responsables do despregamento e coordinación nos diferentes traballos educativos. De volta en Griñón, sede habitual dos encontros de Betel, os asistentes retomaron a dinámica formativa tras o último encontro celebrado na semana do 24 ao 28 de xaneiro.
A semana de traballo abriu a reflexión sobre diversos temas como a educación na interioridade, a importancia do acompañamento no desenvolvemento dunha cultura vocacional, o contexto da evanxelización na actualidade e a importancia do liderado na tarefa pastoral. O irmán Jorge Sierra, delegado de pastoral do distrito de Arlep, foi o encargado de coordinar os diferentes espazos e obradoiros do curso; entre eles podemos destacar o obradoiro Eucaristía, o seminario Biblia e pastoral, a presentación do proxecto “Galilea” e a reflexión compartida sobre o documento marco lasaliano de iniciación á fe.
Foi un momento privilexiado, sen dúbida, para compartir formación e experiencia arredor da práctica pastoral. No medio dos tempos de incerteza que vivimos, a educación integral da persoa e do seu proceso de crenza segue a ser un reto central no colexio La Salle.