Santiago marchou pola liberdade e dixo “non” á escravitude e á trata de persoas
Decenas de persoas saíron da Praza do Toural para percorrer en silencio as rúas de Santiago. Con este xesto querían denunciar os millóns de persoas, en especial mulleres e nenas, que no mundo son escravizadas pola trata de persoas.
As participantes da iniciativa internacional “Camiñando pola liberdade” recordaron aos santiagueses que esta escravitude é algo que tamén ocorre aquí onde vivimos, que é un dos “negocios” que máis millóns xera no mundo coa violencia, o maltrato e, moitas veces, a morte de persoas escravizadas.
No seu percorrido os participantes invitaron os cidadáns a sumarse a esta loita para acabar coa trata. Aínda que non é nada sinxelo, entre todos podémolo lograr.
A choiva non impediu que alzasen a voz por esa muller de 22 anos forzada a prostituírse, a que declara contra os seus tratantes ou o neno de 8 obrigado a traballar na rúa.
Queremos destacar a gran participación da mocidade, os cales mostraron a súa preocupación e malestar real pola escravitude, a explotación e o maltrato que xera a trata de persoas.