Saída convivencial 2.º Bach.
O xoves 28 os alumnos de 2.º de Bacharelato, acompañados dos nosos titores puidemos asistir a unha excursión convivencial con diferentes actividades ao longo do día.
Os autobuses saíron da dársena ás 9:30 para chegar á primeira parada ás 11, o Faro Roncudo, onde desfrutamos dunhas vistas impresionantes do mar. Os profesores contaron que era o lugar onde máis naufraxios houbo en Galicia. Despois fixemos unha longa marcha dende Corme a Ponteceso, onde camiñamos todos xuntos observando a paisaxe do monte, a praia e o mar; ademais, aínda que chovese algo primeiro, despois saíu o sol para acompañarnos na viaxe.
Ao fin chegou o momento que a maioría dos alumnos agardaban, a praia, onde puidemos xantar e pasar un tempo de lecer despois do longo percorrido. Tivemos a oportunidade de bañarnos, de xogar un partido de fútbol e de coñecer a un canciño moi agarimoso.
Finalmente visitamos o Dolmen de Dombate, moi importante históricamente. Foi un día diferente e divertido que todos lembraremos, onde puidemos falar cos nosos compañeiros e profesores saíndo da rutina habitual.
Inés Combo e Lila Carrillo.