
Reutilizamos?
Se hai algo que nos preocupa e sobre o que queremos educar e sensibilizar ao noso alumnado é a importancia do coidado do medio ambiente.
Formamos parte dunha sociedade na que predomina a cultura de usar e tirar, e isto está poñendo os recursos do noso planeta nunha grave situación. Comezar a concienciar dende a infancia sobre a importancia de reducir o consumo, reutilizar e reciclar todo o que sexa posible resulta imprescindible para o futuro do noso planeta.
Desta vez, foron as nenas e nenos de terceiro de primaria os que estiveron usando a súa creatividade para construír figuras reutilizando distintos materiais. O obxectivo trataba de darlle unha nova vida ao que xa non utilizamos. Resultou sorprendente ver a imaxinación que ten o noso alumnado e o que gozaron creando as súas pequenas esculturas.
No noso colexio estamos comprometidos co coidado do noso planeta!




