
Proxecto colexial de Irmandamento!
Este luns levouse a cabo no colexio a inauguración dun proxecto moi especial, no que o alumnado do colexio estará máis unido ca nunca!
O noso Fundador decidiu dende o principio que os que adquirían o compromiso de participar na súa obra fosen chamados IRMÁNS. Ese espírito de fraternidade é hoxe en día a nosa escola, por iso decidimos levar a cabo un novo e emocionante proxecto colexial.
Nas vindeiras semanas escoitaredes falar do irmán/a maior ou menor xa que o alumnado dos cursos superiores do colexio terá asignado un alumno/a dos cursos inferiores. Teremos así parellas de irmáns na escola que terán contacto ao longo do curso en diferentes xornadas deseñadas para tal fin.
Os obxectivos do noso proxecto son: potenciar un ambiente de fraternidade entre todos e todas, afondar nas nosas relacións, responsabilizarse do outro/a e dar exemplo coa nosa actitude e comportamento.
Este luns as parellas de irmáns coñecéronse por primeira vez e intercambiaron un pequeno agasallo, unha fermosa pulseira, que os unirá durante todo o curso.
Somos unha gran familia!



