
Premio extraordinario
A alumna do colexio ata o curso pasado María Pérez Moreta foi galardonada con un dos premios extraordinarios de Bacharelato correspondentes ao curso pasado.
A estes premios presentáronse máis de 600 persoas de toda Galicia, e 22 do noso centro, e só conceden 20 premios. Optar a estes recoñecementos esixe ter unha cualificación media de Bacharelato igual ou superior a 8.75 puntos e, a continuación, realizar determinadas probas de análise, comentario crítico, resposta a cuestións de carácter cultural ou lingüístico na primeira lingua estranxeira, así como exercicios prácticos.
Os gañadores reciben un premio en metálico de 1.000 euros e a exención do pago da matrícula do primeiro curso da universidade, optando ademáis aos premios nacionais de Bacharelato.
María está este curso facendo Dereito bilingüe na Coruña. Felicitámola polo premio e desexámoslle moita sorte nesta nova andaina.