
PODEMOS AXUDAR A SALVAR A TERRA
Estas semanas antes das vacacións, estivemos a aprender como podemos colaborar para coidar o noso planeta. E para saber aínda máis, viñeron ás nosas aulas de 5 anos, Lucía e Marcos, familias que se prestaron a mostrarnos os seus coñecementos sobre o tema.
Foi ben interesante saber un pouco máis da importancia do reciclaxe e das enerxías renovables, ou o porqué das mamás e dos papás que sempre nos están a dicir que apaguemos a luz ou pechemos a chave da auga, ou que non tiremos a toalliñas polo WC (nin sequera as que pon que sí que se pode!).
Moitas grazas a estas familias tan abertas e dispostas que teñen tanto que aportar á nosa vida na escola.
Equipo Didáctico de Educación Infantil




