Pepa e Arya visitan ao alumnado de 1.º de Ed. Primaria
Esta semana o alumnado de primeiro de primaria tivo a sorte de recibir a visita de Pepa e Arya, dúas cadelas moi especiais. Ambas están adestradas para rastrear e atopar todo tipo de obxectos, substancias e persoas desaparecidas. O seu adestrador estívonos ensinando a través de diferentes dinámicas, todo o que estes intelixentes animais son capaces de facer. Ademais, contounos todos os coidados que precisan os cans e resaltou o importante que é ser responsables con eles xa que son seres vivos, non xoguetes.