
Parabéns a Alejandra Neira
Alegrámonos con Alejandra Neira, alumna de 4.º de ESO, pola participación e os bos resultados na IV Igartza Sari Nagusia – Gran Premio Igartza en Beasain (Guipúscoa). Na súa categoría –cadete– finalizou en 2.º lugar, o que lle permitiu liderar a Copa de España Mulleres Cofidis con 108 puntos. Ademais de polos resultados deportivos felicitámola pola súa deportividade e proximidade co resto de corredoras.
Podemos seguir a proba na seguinte ligazón a partir das 4:10:00
Parabéns e moito ánimo co resto das probas.
