Actualidade
Nunha sesión desta semana asistiu á clase de Economía de 4.° ESO o profesor da USC Xosé Antón Rodríguez. Veu para axudarnos a responder a seguinte pregunta: Para que serve a economía?
Nos escasos minutos cos que contamos fixo un precorrido dende o concepto da disciplina, pasando pola tarefa do economista e as trabas que se atopa no camiño (falta de datos precisos, falla de vontade política, supremacía dos poderes financeiros supranacionais), para ao fin pór o acento na resposabilidade e posibilidades da cidadanía cara á construción dun mundo no que a economía sexa realmente instrumento de mellora e benestar da poboación.
Xurdiron preguntas e abriuse a posibilidade de continuar o diálogo.
Moitas grazas, Xosé Antón, pola túa disponibilidade.