Os patios dinámicos
Este curso os recreos de Educación primaria xa volven ser o que eran!
Tanto o profesorado como os nenos e nenas estamos moi ledos xa que, por fin, podemos estar, xogar e desfrutar todos xuntos do patio ao completo. Ademais, retomamos os patios dinámicos nos que cada día un mestre ou mestra dirixe un ou varios xogos para todo o alumnado que queira participar. Nos días de sol tentamos levar a cabo xogos máis activos ou de movemento e deixamos para os recreos de choiva os xogos de mesa e de lóxica. Os maiores contan tamén con libros de lectura á súa disposición.
Esta iniciativa, que naceu como unha medida inclusiva para mellorar a socialización do alumnado que o precisaba, sorprendeunos gratamente ao ver a gran cantidade de nenos e nenas que gozan xogando xuntos.
Aos que aínda non coñecedes os patios dinámicos… Agardámosvos!
Departamento de Orientación