
Os nosos avós e avoas tamén foron pequenos!
O pasado martes foi unha xornada do máis emocionante no colexio!
As nenas e nenos de primeiro de primaria levan varias semanas traballando nun marabilloso proxecto sobre as tradicións e costumes de cando os seus avós e avoas eran pequenos. Aprenderon xogos tradicionais, festas, costumes e cancións que había nesa época. As avoas e os avós non dubidaron en colaborar dándolles información do máis interesante aos seus netos e netas que despois puideron compartir na clase cos seus compañeiros e compañeiras. Resultou moi enriquecedor!
Como broche final de dito proxecto os avós e avoas foron invitados a pasar unha tarde cos nenos e nenas no colexio onde nos presentaron algúns xogos tradicionais do máis interesantes. Ademais, tivemos moito tempo para poder xogar e divertirnos no patio da escola.
A tarde rematou cunha deliciosa e inesperada chocolatada que todos e todas gozaron inmensamente!
Moitas grazas a todos e a todas pola vosa colaboración!









