
Olimpiada de Xeografía
O pasado martes 5, os nosos doce alumnos que cursan a materia de Xeografia de segundo de Bacharelato, acompañados polo seu profesores Juan, acudiron á Olimpiada Xeográfica organizada na Facultade de Xeografía e Historia da USC.
Ao longo da xornada tiveron a oportunidade de realizar varias actividades. Comenzaron cunha visita da facultade onde poideron coñecela, seguido dunha pequeña charla introductoria a proba que realizarían a continuación. Deste xeito comezaron o propio exame da olimpiada e, mentres esperaban os resultados, disfrutaron dun receso no claustro da facultade. Remataron así o día cunha charla sobre as distintas aplicacións e saídas da carreira, finalizando coa entrega de premios e diplomas.
Parabéns polo traballo!
