Olimpíada de Filosofía
O pasado venres 20 de xaneiro tivo lugar de forma presencial, na Facultade de Filosofía de Santiago a 2.ª fase da X Olimpíada Filosófica de Galicia na que participaron alumnos de 4.º de ESO e de Bacharelato matriculados en distintos Centros Educativos de Galicia. O tema proposto este ano é “Fronteiras e Xustiza Global”. A proba dos alumnos de 4º ESO consistiu na resolución dun dilema moral, no que o alumnado ofrecerá unha solución razoada e argumentada. Representado ao colexio La Salle participaron Cristina Bandín, Claudia Castiñeiras, Diego Mateo Merelles, Naroa Mosquera e Carla Muñiz.Os alumnos de Bacharelato tiveron que elaborar un ensaio ou reflexión persoal argumentada, unha disertación, sobre un subtema dentro do tema proposto, asistiron os seguintes alumnos colexio: Pedro Tarrío, Laura Zas, Inés Combo, Helena Rodríguez e Camila Serra di Mateo.
Os alumnos do colexio estiveron acompañados polas súas profesoras de filosofía. Esa actividade conta cun amplo percorrido no contexto académico-escolar e propicia a reflexión de valores, conceptos, argumentos e problemas actuais para fomentar nos nosos alumnos o espírito crítico e a súa formación humana como cidadáns.
Desexámoslle moita sorte a todos eles!