
Ocórreseche unha idea mellor para comprender un invento que facelo coas túas propias mans?
“O que a man fai, a mente lémbrao”
MONTESSORI
Partindo do invento creado por Leonardo, poñémonos ao choio no desenvolvemento do noso propio paracaídas.
A observación atenta, o traballo coas mans, o cálculo de resultados e o inmenso gozo no proceso é o resultado dunha aprendizaxe significativa e completa.
Que divertido!
SONIA FRANCO
Mestra de Educción Infantil








