
O PASTEL DA PAZ
Nun contexto de Xustiza e Solidariedade, os nenos e nenas de 4 anos traballaremos coa Superheroína Superiogui para combater ao Picamoas e facerlle cambiar as súas malas actitudes por valores como o respecto, o perdón, o diálogo, a axuda, a amizade e o compartir.
Como poñemos en práctica o respecto? Como de importante é o perdón?… Superiogui vainos dando pistas para descubrir cada un deles, analizarémoslos e explicarémoslle como traballalos con Picamoas. Construiremos o noso pastel da paz, día a día, recollendo cada un destes valores fundamentais para unha convivencia cordial.
E como non podía ser doutra forma, que ese pastel se convirta en realidade! Rematamos coa a elaboración dun rico pastel que recolla un chisco de cada ingrediente, e outros cantos, que nos manteñan nun ambiente tranquilo e en paz.



