
O nadal xa chegou!
Xa comezamos a última semana de clase antes das vacacións de nadal!
Os nosos corredores non poden estar máis fermosos grazas ao traballo e creatividade das nosas profesoras e profesores mais das nenas e nenos que, con moita ilusión, levan semanas preparando fermosas e orixinais decoracións.
Os obradoiros de plástica deron lugar a auténticas marabillas, nos que o alumnado utilizou todo tipo de técnicas e destrezas; nalgúns niveis incluso coseron para elaborar adornos de nadal. Nos proxectos tamén de dedicou tempo para facer impresionantes obras de arte. Neste caso o alumnado puxo en práctica o aprendido sobre circuítos eléctricos para crear as súas decoracións para estas festas.
Así dá gusto pasear polos corredores. E para o noso alumnado, non hai mellor maneira de aprender que facendo, creando e divertíndose no proceso.
Bo nadal a todos e todas!















