
O MUSEO LA SALLE INFANTIIL REABRE AS SÚAS PORTAS COA COLECCIÓN:“ARTE DE NADAL”
O próximo 22 de decembro, despois do festival de Nadal, nos corredores de Educación Infantil poderán ver as fermosas obras de arte creadas polos nosos alumnos e alumnas de Educación Infantil.
Hai dúas semanas da man de Carme López Calderón, profesora na facultade de Historia, coñecemos tres magníficas obras de arte que reflectían diferentes episodios do Nadal: a Natividade, a adoración dos pastores e dos Reis Magos.



Despois de traballar na aula, os nosos pequenos e pequenas deron a súa visión das obras traballadas, e a verdade é que son todas elas unhas verdadeiras marabillas. Tanto orixinais como as reinterpretacións merecen un gran encomio.
Así que o xoves 22 cando pasemos a recoller aos vosos fillos e fillas non nos esquezamos de admirar estas fermosas e marabillosas interpretacións dos nosos artistas.
Profesora Puri González
Mestra Educación Infantil








