Back

O colexio La Salle conmemora o 25N cun minuto de silencio

O alumnado de Infantil e Primaria tiveron unha pequena reflexión nas súas aulas gardando todos a vez un minuto de silencio xunto cos seus compañeiros.
O alumnado e o profesorado de Secundaria e Bacharelato do colexio reuníronse hoxe nun emotivo acto para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. O evento, celebrado no patio do centro, centrouse nunha reflexión conxunta e nun minuto de silencio en memoria das vítimas da violencia de xénero.
Ás 11:00 horas, o colexio gardou un minuto de silencio. Nun ambiente solemne, estudantes e docentes mostraron o seu apoio ás vítimas e ás súas familias, facendo visible a necesidade de avanzar cara a unha sociedade libre de violencia machista.
O acto finalizou co minuto de silencio acompañado por catro muráis simbólicos creado polos propios estudantes.

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.