
O alumnado de 4.º ESO reflexiona sobre o consumo de alcohol
Inserido nas actividades do PLAN PROXECTA, tiveron a segunda sesión con Miriam Otero, do proxecto “Apuntámonos a non beber,” que comezara no primeiro trimestre.
Tras un breve repaso do anteriormente visto (adiccións), proporcionou información sobre a legalidade do consumo do tabaco e do alcohol: cando quen e onde pode consumirse.
A novidade e o máis importante desta sesión foi o traballo arredor da publicidade. Que é?, que quere?, como se fai?, para quen vai dirixida? Preguntas que se responderon grazas ás intervenciónsdo alumnado e con explicacións.
Na súa crónica, Iria Coucheiro, comenta: Penso que aos alumnos de 4.º da ESO resultounos moi ineresante saber sobre a publicidade subliminal e todas as menxases que pode haber nun cartel. Tamén comezamos a pensar no proxecto de contra publicidade que nos convidou a levar a cabo no seguinte trimestre.Sen dúbida, ampliamos os nosos coñecementos acerca do tabaco e do alcohol así como dos seus efectos nocivos para a saúde.

